Trátase dun palacete urbano situado no casco histórico da cidade a carón da Casa de Ceta, e que xunto con esta conforman a sede do Instituto Camôes de cultura portuguesa en Vigo. Data do século XVI e é de estilo renacentista prateresco. Consta de tres andares e no superior sobresae un balcón que descansa sobre unha repisa con molduras. Destacan tamén como elemento decorativo os arcos conopiais das fiestras dos dous andares superiores.