Unha cidade todo un mundo
Arte

GASTRONOMÍA E CULTURA

NATUREZA E DEPORTES

PROFESIONAL

O Teatro Cine Fraga

  • Arquitecto: Luis Gutiérrez Soto
  • Data: 1942
  • Rúa de Uruguai, 3-5

O edificio ten carácter rexionalista, aínda que recolle elementos decorativos da arquitectura histórica galega como se pode observar na galería superior de arcos enlazados, influencia da fachada do Tesouro do claustro da Catedral de Santiago ou na composición e decoración dos vans da balconada da rúa de Uruguay semeñantes aos do Hostal dos Reis Católicos tamén en Santiago, ademais de elementos barrocos.

Foi deseñado para albergar un teatro e un cine de 1758 localidades, unha sala de festas, un salón de té e oficinas de alugueiro.

A estrutura interna é de formigón e os muros de granito do país, deixando a pedra de máis calidade para os elementos decorativos.

Cabe destacar tamén o ampuloso pórtico partido de formas rectangulares e a decoración neobarroca da fachada da rúa de Uruguay pola que se accede ao interior.

Turismo de Vigo - Plaza do Rei nº 1 - Vigo   - (+34)986810100 - Mapa web