Igrexa rectangular, con nave única, cabeceira cadrada e torre campanario acaroada á fachada, a cal amosa unha portada rematada por un frontón que enmarca a representación de Santo André. Na parte alta aparece o escudo de armas do Marquesado de Valadares.