Unha cidade todo un mundo
Moverse

GASTRONOMÍA E CULTURA

NATUREZA E DEPORTES

PROFESIONAL

Áreas comerciais

- ACECA (AREA COMERCIAL DO CALVARIO)

Dende a Praza de Fernando O Católico, e rúas adxacentes, até a Avenida de Ramón Nieto, e toda a súa área de influencia, sitúase a AREA COMERCIAL DO CALVARIO. Á súa disposición ten máis de 500 establecementos cunha oferta comercial e de servizos ampla e variada. A garantía de produtos frescos e de máxima calidade ofrécea O MERCADO e a comodidade achégana os principais aparcadoiros da zona  (Parking de Fernando O Católico, Garaxe Venezuela –situado na rúa peonil– e o aparcadoiro da Praza Maruja Mayo).

- AETRAVI

Trátase da Asociación de Comerciantes e Empresarios das Travesas. Na actualidade, AETRAVI conta con máis de 300 empresas pertencentes a diferentes ramas do comercio que co seu esforzo e implicación, fan posíbel que a asociación creza cada día e conte co apoio da sociedade viguesa en cada unha das súas actuacións.

- BOUZAS

No ano 1992 créase a Asociación de Comerciantes da Vila de Bouzas. Actualmente hai máis de setenta comercios asociados, entre eles, comercios pequenos ou familiares que pretenden seguir manténdose para non perder as raíces desta vila mariñeira. Destaca tamén o Mercado de Bouzas que data do ano 1926.

- MERCADO DA PEDRA 

A principios do século XX, coa caída das murallas da cidade e a ampliación do porto de Vigo, o mercado da pedra converteuse nun espazo para a venda de produtos de elaboración artesanal como queixos, pan, doces, máis tamén de produtos que viñan de América e doutros portos europeos –azucre, café, tabaco, etc – .

Na actualidade, o Mercado da Pedra de Vigo é un moderno edificio, que sen perder a esencia da súa orixe, é un punto de encontro de todos os que visitan a cidade, pola ampla e atractiva oferta comercial e hostaleira que ofrece nas súas renovadas instalacións.

- PRÍNCIPE

Partindo da Porta do Sol, quilómetro 0 da cidade olívica, atópase a rúa do Príncipe, única polas súas características peonís, polas xoias arquitectónicas que acolle, a sua pronunciada transitabilidade e o seu cada vez maior pulo comercial e social. Hoxe, ao longo da rúa, conviven aínda, xunto coas mellores boutiques e franquicias internacionais, establecementos creados a principios do século XX. En total, na rúa atópanse 140 edificios e 145 locais comerciais, a metade deles dedicados ao téxtil. As dotacións da Área de Príncipe comprenden, ademais, equipamentos culturais, servizos bancarios, aparcadoiros, servizos administrativos, hostalería, centro de estudos, vivendas e oficinas. 

- TEIS

Ao pé do fermoso monte da Guía, atópase a maior concentración comercial nunha soa rúa principal, Sanjurjo Badía, e mais nas súas adxacentes. Teis é a vía primordial de comunicación entre Redondela e Vigo.

A Asociación de Comerciantes de Teis nace en 1980 para responder a unha demanda de necesidades comerciais.

Na área comercial do barrio de Teis existe diversidade e cantidade de ofertas comerciais, o que a converten nunha zona de gran personalidade. Sanjurjo Badía, Av. de Galicia, Dr. Corbal, rúa Buenos Aires, Purificación Saavedra, Enrique Lorenzo, Santander e o Mercado de Teis constitúen unha completa oferta comercial.

- VIGOVELLO

Un Centro Comercial Aberto, o Vigo Vello, o berce histórico tradicional, concentra factores que outras zonas non posúen. A Zona Vella de Vigo integra ademais 7 prazas urbanas (case as de maior tradición de Vigo). 

O comercio da zona histórica é o artesanal, o tradicional, o turístico e o da nova xeración que se está introducindo devagar (establecementos de moda alternativa como TRAFFICC-O, Fenosita, QRM, Allur, Matices e Tonos, etc. ou librerías temáticas).

En canto ao espazo é un dos máis grandes de Vigo, ademais de ser a zona que primeiro visitan os turistas pola súa proximidade coa Porta do Sol, en pleno corazón da cidade. Vigovello conta con máis de 145 establecementos asociados entre os que se atopan os mercados do Berbés e o da Pedra.

- ZONA CENTRO

Integra máis de 13 eixes viais: María Berdiales, Hernán Cortés, Magallanes, Manuel Nuñez, Ronda de Don Bosco, Eduardo Iglesias, Velázquez Moreno, Progreso, Lóriga, López de Neira, Doutor Cadaval, Ecuador, Urzáiz, etc.

Paseando polas súas rúas, atópase a maior oferta comercial: arte, artesanía, fogar, decoración, grandes superficies comerciais, moda, perruquería, agasallos, complementos, calzado, telefonía, fotografía, restaurantes, cafeterías... nos que un trato directo e persoal axudan a realizar a mellor elección. Ofrécenlles aos clientes-visitantes a posibilidade de localizar facilmente un espazo para estacionar o seu automóbil nos numerosos aparcadoiros situados nesta área. No punto medio da “Zona Centro” emprázase o Mercado do Progreso. 

Turismo de Vigo - Plaza do Rei nº 1 - Vigo   - (+34)986810100 - Mapa web