Unha cidade todo un mundo
Moverse

GASTRONOMÍA E CULTURA

NATUREZA E DEPORTES

PROFESIONAL

Chegar a Vigo

Vigo está ben comunicada grazas a unha completa rede de infraestruturas que conectan a cidade cos principais núcleos urbanos galegos, peninsulares e internacionais.

O seu porto atlántico, o seu aeroporto, a rede de estradas e o ferrocarril permiten a existencia dunha ampla oferta de transportes para todos os gustos e todas as posibilidades.

Por estrada:

Vigo conta con tres grandes viais:

  • A Autovía do Noroeste: conecta a cidade con Madrid e a meseta a través de 667km de estrada.
  • A Autovía das Rías Baixas: discorre dende Vigo até a autoestrada do Norte de Portugal, pasando por Tui, Braga e O Porto até enlazar con Lisboa; tamén enlaza coa autoestrada Vigo-Baiona.
  • A autoestrada do Atlántico: comunica a cidade olívica co norte de Galicia a través de Pontevedra, Santiago e A Coruña.

En autobús:

As principais conexións enlazan Vigo con Madrid, Barcelona, Asturias, Bilbo, Irún, San Sebastián, Zaragoza, Estremadura, Andalucía... Tamén conta con rutas internacionais con Portugal (O Porto, Lisboa e Algarve), Francia, Suíza, Bélxica, Holanda, Dinamarca e Alemaña.

Estación de autobuses: Av. de Madrid, 57   Tlf: 986 373 411

En tren:

Existen conexións diarias entre Vigo e as cidades veciñas: Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña e O Porto.

Ademais a oferta inclúe expresos e talgos cada día cara a Madrid e Barcelona, e trens directos a León, Ponferrada, Bilbo e Alacant.

Estación de trens ADIF: Praza da Estación s/n. Atención ao cliente: 986 269 403. Información nacional: 902 240 202. Información internacional: 902 243 402. www.renfe.es

En barco:

O porto vigués recibe cada ano miles de pasaxeiros de cruceiros, entre os que destacan o “Queen Mary II”, o “Queen Elizabeth”, o “Oriana” ou o “Arcadia”, entre outros.

Durante todo o ano hai transporte diario ás localidades de Moaña e Cangas do Morrazo.

Ademais, en Semana Santa e dende mediados de xuño a mediados de setembro realízanse rutas diarias ás Illas Cíes.

Estación Marítima: Estación Marítima s/n. Tlf: 986 225 272. Información: 902 454 645

En avión:

O aeroporto de Vigo está situado a 10km do centro da cidade. Conta cunha ampla oferta de voos regulares a Madrid, Barcelona, Bilbo, Canarias, Alacant, Sevilla, Baleares, Valencia e Málaga; e voos internacionais a París, Copenhaguen, Francfurt, Estocolmo e Lisboa.

Aeroporto de Peinador: Av. do Aeroporto s/n. Tlf: 986 268 200. www.aena.es

Turismo de Vigo - Plaza do Rei nº 1 - Vigo   - (+34)986810100 - Mapa web