Unha cidade todo un mundo
Arte

GASTRONOMÍA E CULTURA

NATUREZA E DEPORTES

PROFESIONAL

Museo-Pazo Quiñones de León

Parque de Castrelos, s/n     36213 Vigo

Tlf: 986 295 070 / 75     Fax: 986 239 372

Web : www.museodevigo.org

E-mail: museocastrelos@vigo.org

Horario Pazo, Pinacoteca, Arqueoloxía:

  • Martes, xoves e venres: de 10:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:00
  • Mércores: de 10:00 a 20:00    
  • Sábados: de 17:00 a 20:00
  • Domingos e festivos: de 10:00 a 13:30
  • Luns: pechado

Exposicións temporais:

  • Martes e sábados: de 17:00 a 20:00
  • Domingos e festivos: de 10:00 a 13:30

Servizos: Visitas guiadas con cita previa. Consignas gratuítas. Ascensor, aseos e rampas adaptadas a persoas con movilidade reducida. Tenda-librería. Acceso peonil desde a avenida de Castrelos. Acceso rodado por estrada. Aparcadoiro gratuíto.

Desde a súa inauguración, en 1937, o museo municipal Quiñones de León é un espazo emblemático da cidade de Vigo. Nun grandioso pazo –casa típica da aristocracia galega do século XVII, con reformas de finais do XIX– se expoñen pezas de artes decorativas dos séculos XVIII, XIX e XX, con mobiliario, cerámica, porcelana, miniaturas, pratería, reloxos, téxtiles, vidro e cristal procedentes de doazóns, principalmente do legado de Policarpo Sanz, e de adquisicións.

Dispón de 29 salas de exposición permanente, biblioteca, guías do museo e diversas publicacións sobre temas arqueolóxicos, e ofrece, ademais, a posibilidade de gozar dos seus xardíns de estilos inglés e francés.

Na planta baixa presérvase o ambiente señorial da antiga residencia dos marqueses –doantes do pazo– e a exposición permanente de pintura europea dos séculos XVII e XVIII, legado de Policarpo Sanz e de depósitos do Museo do Prado e do antigo Nacional de Arte Moderna.

A arte galega do século XX é a gran protagonista do museo, considerada como a máis importante colección de pintura galega do século XX. Nos andares primeiro e segundo atópanse exemplos de creación plástica contemporánea: o rexionalismo, a renovación dos anos 30 e a definitiva incorporación da arte galega ás tendencias actuais, experimentada na segunda metade do século XX.

A sección destinada á arqueoloxía distribúese en dous salas e ocupa o edificio anexo ao pazo. Nela expóñense pezas que van desde o paleolítico até a Idade Media, procedentes de Vigo e a súa comarca.

Turismo de Vigo - Plaza do Rei nº 1 - Vigo   - (+34)986810100 - Mapa web