Rúa Subida ao Castelo nº 10
Tlf: 986 227 424 / 986 220 758
E-mail: cat.concello.vigo@telefonica.net
Horario:
O Centro de Artesanía Tradicional (CAT) é un centro adscrito ao Servizo de Patrimonio Histórico do Concello de Vigo, o cal iniciou o seu traballo no marco do programa europeo URBAN no ano 1999.
O CAT programa a súa actividade de cara á coordinación, planificación e dinamización do conxunto de actuacións propostas no ámbito da protección e promoción da Artesanía Tradicional Galega.
O campo de actuación está dirixido en primera instancia á investigación, promoción e divulgación de sete oficios tradicionais: o dos ferreiros, as tecedoras, os gornicioneiros, os canteiros, os carpinteiros, os alfareiros e os cesteiros.
Os obxetivos do CAT son protexer o patrimonio cultural dos oficios artesanais tradicionais de Galicia, a través da súa investigación, promoción e divulgación, e contribuír á rehabilitación económica, cultural e comercial do Centro Histórico de Vigo, a través da promoción e desenvolvemento do sector artesán tradicional na zona.
O CAT oferta, ademais, actividades formativas dirixidas a escolares e ao público en xeral, coa finalidade de potenciar e dar a coñecer os oficios tradicionais.