Teatro-Sala de Concertos
Con capacidade para 994 persoas repartidas nun patio de butacas e tres anfiteatros que ocupan a parte central do edificio.
Enderezo: Rúa Policarpo Sanz, 13 36203 Vigo
Tlf: 986 120 078 – 986 828 200
Páxina web de venda de entradas: www.servinova.com
Sala de Exposicións
Situada nun lateral do edificio, organiza preto de 10 mostras artísticas cada ano.
Enderezo: Rúa Reconquista s/n
Horario: De luns a venres de 18:00 a 21:30. Sábados, domingos e festivos de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:30
Biblioteca
Situada no último andar, ten unha capacidade de 300 persoas.
Tlf: 986 447 369
Horario: Verán de 09:00 a 14:00. Inverno de 10:00 a 13:30 – de 6:00 a 20:00
Auditorio-Cine
Conta con 475 prazas. Atópase na parte traseira do edificio con entrada independente do teatro.
Enderezo: Rúa Marqués de Valadares, s/n 36202 Vigo
Salas de Seminarios
Sitúanse no andar cuarto do edificio, con capacidades que oscilan entre as 20 e as 60 prazas.
A finais do século XIX, un grupo de vigueses entusiastas acometeu a empresa de construír un teatro na cidade de Vigo. Anos despois, o 15 de xullo de 1900, inaugurouse o teatro Rosalía de Castro coa execución da ópera Aída.
Tras unha época de fracaso económico o teatro crebou e foi vendido para o seu uso como almacén. O pobo pediulle ao benefactor D. José García Barbón que recuperase o teatro e así o fixo, até que o 8 de febreiro de 1910 un incendio destruíu por completo o teatro. As sobriñas de J. García Barbón, seguindo o seu nobre exemplo, prometeron un teatro novo e máis suntuoso que o desaparecido.
Deste xeito, en 1913 comezaba a construción do novo teatro baixo o proxecto do arquitecto Antonio Palacios. A súa arquitectura amosa fondas influencias modernistas, á vez que combina elementos clasicistas e barrocos. O seu estilo cualifícase de neobarroco dentro da corrente modernista de comezos do século XX e está inspirado na Ópera Garnier de París.
O 23 de abril de 1927 inaugúrase o novo Teatro García Barbón.
Nos anos 70 Caixanova (entón Caixa de Aforros Municipal de Vigo) inicia as negociacións para a compra do edificio Teatro García Barbón. Pretendíase crear un dos centros culturais máis importantes de España encargando a súa rehabilitación ao arquitecto galego Desiderio Pernas. O 22 de marzo de 1984 inauguúrase o Centro Cultural Caixanova e converterase nun dos proxectos culturais máis importantes realizados por unha entidade bancaria en España.
Este centro acolle a arte e mais a cultura no seu máximo esplendor: ópera, teatro, concertos, cine, exposicións de arte, conferencias, danza, lectura…