Praza da Princesa, 2 36202 Vigo
Tlf: 986 226 459 / 986 220 922 Fax: 986 229081
Horario de Bibliotecas:
Horario de sala de exposicións e museo:
Aforo máximo: 50 persoas
Visitas de grupos con cita previa
A Casa Galega da Cultura é un centro multidisciplinar, no que se concitan a programación de actividades artísticas e literarias coa existencia dun fondo bibliográfico e museográfico altamente cualificado no que se refire ao estudo da realidade histórica e actual de Galicia. Dispón de sala de exposicións temporais, salón de actos, sala de exposición permanente, sala de lectura e sala de lectura para investigadores, ademais de dependencias de uso interno.
Os elementos máis destacables da Casa Galega da Cultura son a Biblioteca Penzol, a Biblioteca Fernández del Riego e o Museo Francisco Fernández del Riego.