Unha cidade todo un mundo
Arte

GASTRONOMÍA E CULTURA

NATUREZA E DEPORTES

PROFESIONAL

Museo etnográfico Liste

Rúa Pastora, 22

Tlf: 986 244 698     Fax: 986 298 229

Web : www.museoliste.org

E-mail: investigacion@museoliste.org

Horario:

  • De martes a sábados de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00
  • Domingos, luns e festivos pechado

Servizos: visitas guiadas e dialogadas. Visitas para grupos con cita previa. Biblioteca de consulta especializada en etnografía galega. Departamento de didáctica. Arquivo fotográfico e audiovisual. Tenda. Aparcadoiro.

O Museo Liste de Vigo nace co principal obxectivo do coñecemento e difusión do patrimonio etnográfico galego.

O Museo, instalado nunha vivenda unifamiliar remodelada de mediados do século XX, distribúese en catro andares e once salas que reflicten aspectos significativos da identidade de Galicia.

Nove salas de exposición permanente exhiben máis de 2.000 pezas a través das cales o visitante percorre os oficios artesanais galegos, a cultura do cultivo do centeo, a roda tradicional, os peches, os tecidos, a madeira escavada, a luz, a materialidade da fe e a arte de curar.

O museo posibilita, ademais das visitas "dialogadas", diversas actividades didácticas, exposicións temporais, audicións musicais, así como o acceso á biblioteca de consulta etnográfica.

Turismo de Vigo - Plaza do Rei nº 1 - Vigo   - (+34)986810100 - Mapa web