Praia Tombo do Gato (Da fonte)
- Localización: parroquia de Alcabre
- Tamaño do areal: 180m de longo por 25m de ancho
- Como chegar: a través da Av. de Samil
- Accesos: a través dunha rampla e escaleiras situadas a ambos os extremos do areal.
- Dotacións: tres duchas, unha fonte, aparca bicicletas, Cruz Vermella, salvamento e socorrismo, megafonía, aparcadoiro en batería con prazas para discapacitados físicos, servizos públicos adaptados e quioscos.
- Posto da Cruz Vermella: xullo e agosto todos os días de 10:00 a 21:00 horas. Xuño e setembro durante as fins de semana. 2 socorristas
- Liñas de autobuses urbanos: L10 e C15A, C15B e C15C
- Outras denominacións: Areal do Pincho do Gato ou da Fonte