Unha cidade todo un mundo
Natureza

GASTRONOMÍA E CULTURA

NATUREZA E DEPORTES

PROFESIONAL

Parques forestais

Os parques forestais de Vigo, situados a escasa distancia do centro da cidade, dispoñen dunha superficie total de 705.460 m2. A maior parte dos bosques de Vigo atópanse na parte do municipio que en un relevo máis montañoso. Moitos son de propiedade comunal e, grazas ao esforzo colectivo dos veciños, conservan un ecosistema que resistiu o paso do progreso.

En boa parte dos montes e bosques vigueses hai zonas de recreo moi ben equipadas, amplas e perfectamente acoutadas, o que permite que os cidadáns poidan gozar do bosque sen degradalo. Trátase dunha ducia de parques forestais que rodean, como unha coroa, todo o municipio e albergan espléndidos miradoiros desde os que é posible alcanzar unha visión panorámica de ducias de quilómetros cadrados.

Todos os parques forestais están comunicados polos sendeiros do GR53, o que implica unha maior oferta para as persoas amantes do sendeirismo, posibilitando a combinación de aventura, natureza, deporte, coñecemento do medio e ocio sen saír do Concello. Preténdese continuar coa repoboación de especies como bidueiras e carballos, co obxectivo de alcanzar unha plantación acorde coa vexetación autóctona para mellorar o impacto visual, o paisaxismo e obter un ambiente máis agradable, sobre todo naquelas épocas nas que existe unha maior demanda de sombra por parte dos sendeiristas.

Turismo de Vigo - Plaza do Rei nº 1 - Vigo   - (+34)986810100 - Mapa web