Unha cidade todo un mundo
Praias

GASTRONOMÍA E CULTURA

NATUREZA E DEPORTES

PROFESIONAL

Praia de Samil

Praia de area branca e fina situada na parroquia de Navia, moi próxima á cidade. Mide uns 1.115m de lonxitude por 15m de ancho, o que a convirte na maior praia de Vigo.

Conta cun gran equipamento e ofrécelle ao visitante unha enorme variedade de servizos.

  • 3 piscinas
  • tobogán
  • canchas de baloncesto
  • pista de patinaxe
  • posto da Cruz Vermella
  • vixilancia e socorrismo
  • duchas e lavapés
  • servizo para o baño no mar de persoas con discapacidades físicas
  • megafonía
  • xogos infantís
  • aparcadoiros
  • zonas verdes
  • merendeiros
  • multitude de cafeterías
  • restaurantes
  • etc.

En verán organízanse moitas actividades e concursos ao aire libre.

Na mesma Av. de Samil atópase o museo Verbum-Casa das palabras e o Complexo Deportivo Samil, o cal consta de 12 pistas de tenis, 3 pistas de paddel e un campo de fútbol. Tamén se foron establecendo nesta zona diversas discotecas, un local onde xogar aos birlos, etc.

Para desprazarse até a praia hai varias liñas de autobús: L10, C15A, C15B e C15C todo o ano; C3 en verán, e as liñas nocturnas CN1 e CN2.

Turismo de Vigo - Plaza do Rei nº 1 - Vigo   - (+34)986810100 - Mapa web