A Madroa s/n
Tlf: 986 267 783 / 986 267 784 Fax: 986 272 187
Web: www.vigozoo.com / Correo-e: vigozoo@vigo.org
Horarios:
- de novembro a febreiro: laborables de 11:00 a 18:30h. Sábados, domingos e festivos de 11:00 a 19:30h. (Luns pechado agás festivos e vacacións escolares)
- marzo: de 11:00h a 19:30h (luns agás festivos pechado agás festivos e vacacións escolares)
- de abril a outubro de 10:00h a 20:30h
Liña de autobús urbano: C9B e 28.
Vigozoo é o único parque zoolóxico que existe en Galicia. Está situado no Monte da Madroa, a 300m do nivel do mar e a uns 10km do centro da cidade. Conta cunha superficie de 55676m².
Foi constituído como Fundación Pública polo Excelentísimo Concello de Vigo, por acordo plenario do 26 de febreiro de 1970, creado a iniciativa de D. Rafael Portanet cando era alcalde de Vigo, e construído polo seu sucesor no cargo, D. Antonio Ramilo Fernández-Areal.
Inaugurouse o 18 de xullo de 1971. Por acordo plenario do 23 de febreiro de 1990, cambia a súa denominación de Fundación Pública Municipal Parque Zoolóxico da Madroa, pola actual de Organismo Autónomo Municipal "Vigo-Zoo".
Actualmente Vigozoo conta coas seguintes instalacións:
- AVES E MAMÍFEROS: Formada por representantes de diferentes especies animais de África, Europa, América e Oceanía, con interesantes exemplares de cada continente.
- EXOTARIUM: Situado no edificio de usos múltiples, conta cunha gran superficie onde se dan cabida a máis de 50 especies de insectos, arácnidos, anfibios e reptís, presentados en instalacións naturalizadas. No aviario e bolboretario expóñense aves durante todo o ano, mentres que as bolboretas só están presentes durante os meses de verán, cando as condicións son óptimas.
- SALÓN DE ACTOS: Atópase no edificio de usos múltiples, ten unha capacidade para 81 persoas e conta cun moderno equipo audiovisual no que se realizan proxeccións de temática variada para o público visitante.
- PLANETARIO E EXPOSICIÓN DE ASTRONOMÍA: No edificio central atópase o planetario. Ten capacidade para 24 persoas e o seu proxector esférico pode amosar máis de 2.500 estrelas. Ademais existe unha exposición interactiva permanente que rodea a cúpula.
- NATUROLAB "O LABORATORIO DA NATUREZA": dirixidas ao público en xeral, nos fins de semana e festivos, e en horario de tarde. Situado no novo aulario, a nova instalación conta cunha aula de natureza onde os visitantes en sesións gratuítas de 20 minutos, poderán aprender un pouco máis dos aniamis do parque. Mudas, ovos, cornas, estructuras, debuxos e un fantástico equipo educativo que aportará os recursos didácticos para coñecer de forma divertida a natureza e os seres vivos que comparten con nós o planeta Terra.
- SALA DE EXPOSICIÓNS NON PERMANENTES: Situada sobre a cafetería, a sala contén exposicións temporais de contidos variados referentes á natureza e o medio ambiente.
- CAFETERÍA E TENDA DE RECORDOS: Situada moi próxima á saída.
Actividades: Ao longo de todo o ano, nas instalacións de Vigozoo realízanse diferentes actividades dirixidas a todo tipo de público, tanto nenos como adultos, como poden ser: visitas guiadas a grupos organizados; charlas interpretativas, e programas para nenos como un “un día no zoo”, “toca-toca”; ou “un campamento no zoo”, cos que se lles pretende dar unha alternativa de ocio aos nenos, ao tempo que reciben unha adecuada educación ambiental.