Unha cidade todo un mundo
Ocio e Festas

GASTRONOMÍA E CULTURA

NATUREZA E DEPORTES

PROFESIONAL

Concertos e festivais

Vigo ten unha grande oferta cultural no mundo da música. Posúe un dos mellores auditorios ao aire libre –o Auditorio de Castrelos– e un fabuloso auditorio-teatro deseñado por Antonio Palacios –o Centro Cultural Caixanova–. Ademais conta cun Conservatorio Superior de Música e gran cantidade de locais nocturnos que ofrecen concertos de jazz, pop e rock.

Ao longo do ano celébrase unha serie de festivais de grande importancia, entre os que destacan o Festival Internacional de Jazz Imaxina Sons ou o Festival de Música Are-more.

Festival Internacional de Jazz de Vigo Imaxina Sons

O Festival Internacional de Jazz de Vigo, “Imaxina Sons”, nace coa intención de cubrir un baleiro e satisfacer a demanda no noso país con respecto ao ámbito europeo do jazz e, por outro lado, intentar mostrar tendencias descoñecidas desta música no noso país que no resto de Europa si están presentes. Trátase tamén de amosar que é o que está sucedendo co jazz en Galicia, así como no resto de España.

“Imaxina sons” informa sobre o jazz actual no noso contorno máis próximo –Galicia, España e Europa–. Deste xeito púidose gozar, por vez primeira no Estado do octecto de Gianlui Trovesi ou do último proxecto de Daniel Humair, “Baby Boom”. Tamén doutros músicos españois como Ramón López “Eleven Drums Songs” ou a homenaxe de Agustí Fernández; sen esquecer a presenza novidosa, para algún, do violonchelo en jazz de Vicent Courtois, colaborador habitual de Louis Sclavis.

Os concertos adoitan levarse a cabo no Teatro-Sala de Concertos do Centro Cultural Caixanova, no auditorio “Martín Codax” do Conservatorio, no Auditorio Municipal, no Verbum Jazz Café, no Manteca Jazz, na Praza da Estrela, en Montero Ríos, no Pub Quomo e no Salón de Actos do Marco.

Concertos de Castrelos

Todos os anos en verán, dentro do Programa das Festas do Cristo da Vitoria de Vigo, celébranse no Auditorio de Castrelos un conxunto de concertos ao aire libre cos grupos e músicos máis notables do momento.

 

CONCERTOS CASTRELOS 2009

17 de Xullo: Keane

29 de Xullo: La Oreja de Van Gogh

12 de Agosto: Fuxan os ventos e Brath

13 de Agosto: Leonard Cohen

14 de Agosto: Ainhoa Arteta

CONCERTOS PEIRAO DE TRASATLÁNTICOS 2009

4 de Agosto: Marta Sánchez e Carlos Baute

5 de Agosto: Juan Perro ( Teloneiro Narf )

7 de Agosto: Vigofolk:  Brath

8 de Agosto: Los secretos

9 de Agosto: Clausura " O Marisquiño" Mala Rodriguez + Slowlee + Nasty mondays

11 de Agosto: Melendi

14 de Agosto: Coti + Ondina + Arkanos

 

Festival de Música de Vigo Are-More

O festival de música Are-More converteuse nunha cita destacada da música clásica, ao contar coa presenza das mellores voces de finais do século XX e principios do XXI.

Concertos de corais polifónicas

Os concertos adoitan levarse a cabo no museo Verbum.

Concertos por Bandas

Bandas de Vigo:

  • Agrupación musial "Atlántida" de Matamá.
  • Unión musical de Valladares .
  • Banda-escola de música de Beade.
  • Unión musical de Coruxo.
  • Lira de San Miguel de Oia.
  • Banda-escola da U.V.C.D. de Candeán
  • Unión musical de Cabral
  • Ateneo musical de Bembrive.
  • As delicias do Caeiro.
Os concertos adoitan levarse a cabo no Teatro Caixanova, Montero Rios,Calvario-Paseo Peonil, Praza da Independencia, ademais existe un programa de concertos por barrios.
Turismo de Vigo - Plaza do Rei nº 1 - Vigo   - (+34)986810100 - Mapa web