Área de Samil: Nas inmediacións da praia de Samil atópanse bares e discotecas que pechan a altas horas da madrugada.
Churruca: É a zona de marcha máis alternativa da cidade. Atopamos desde cervexarías, cafés e bares até locais que ofrecen concertos durante todo o ano. Os diferentes bares da zona ofrecen gran variedade musical, desde rock & roll, funky, techno… así como unha decoración atractiva nos seus locais.
Montero Ríos: zona próxima ao porto deportivo. Ao longo do paseo de Montero Ríos e nas rúas paralelas atopamos multitude de pubs, bares e restaurantes nos que se coidou ao extremo a decoración e os detalles. En verán destaca a cantidade de terrazas, lugar de cita obrigada para gozar das primeiras copas da noite.
Rúa Areal: amplia variedade de pubs nos que a diversión se prolonga ata altas horas da madrugada. Nesta zona atoparás os locais de moda da cidade coa música máis actual do momento.
Rosalía de Castro: zona onde atopamos unha grande oferta de restaurantes, bares de tapas, cervexarías e pubs próximos ás zonas de marcha da cidade.
Casco Antigo: Nos seus tempos foi a zona de moda e comeza lentamente a recuperar a súa antigua marcha. Actualmente está en fase de rehabilitación. Escenario da movida dos 80, destacou polos seus locais emblemáticos.