Unha cidade todo un mundo
Natureza

GASTRONOMÍA E CULTURA

NATUREZA E DEPORTES

PROFESIONAL

Tramo I GR53: Saians - A Garrida (embalse)

  • ACCESOS: Estrada Vigo-Baiona PO-552 o Av. Ricardo Mella PO-325
  • LONXITUDE: 15km o treito principal e 8km a variante GR-53.1
  • DIFICULTADE: MEDIA-ALTA
  • TEMPO APROXIMADO DE PERCORRIDO: 5h o treito principal, 3h.45´ a variante

O primeiro treito deste percorrido comeza no lugar da Pasaxe en Saiáns xunto á igrexa de San Xurxo de Orxás, ao pé mesmo da Ría. De aquí, cruzando a estrada PO-552 e tras unha lixeira ascensión pola estrada de Cal do Outeiro -da que nos imos desviar á man esquerda-,  chegamos ao parque forestal de Saiáns que nos ofrece unha área de descanso de 2,35 hectáreas con mesas e barbacoas nas que tomar un lixeiro descanso despois da ascensión.

Un pouco máis adiante atopamos unha bifurcación da primeira variante. Se tomamos a pista da esquerda, seguindo a ruta principal, chegamos ao parque forestal de Oia de case 4 hectáreas que conta tamén con mesas e barbacoas. A poucos metros, por un treito de estrada, dirixímonos á man dereita por un vieiro que nos levará aos Petroglifos de Fragoselo. Proseguimos o camiño descendendo cara ao río Barxa (Fragoselo) e, tras superalo, volvemos ascender até a parroquia de Valadares onde atopamos o parque forestal do Monte dos Pozos.

Tras unha lixeira ascensión chegamos ao parque forestal Monte Alba e Alto do Cepudo. Desde alí podemos contemplar a magnífica panorámica da Ría de Vigo.

Iniciamos o descenso deica chegar a unha encrucillada desde onde, ou ben podemos enlazar coa bifurcación da variante GR-53.1, ou ben podemos proseguir cara ao lugar da Pasaxe. Por último dirixímonos ao embalse da Garrida onde finaliza este primeiro treito.

VARIANTE GR53.1

Esta variante parte preto do parque forestal de Saiáns cara ao parque forestal de Coruxo (un miradoiro natural). Ascendendo chegamos aos montes dos Outeiros desde os que se aprecian tamén fermosas vistas de Vigo e da Ría. Descendendo agora outra vez chegamos a Chandebrito -na parroquia de Nigrán- e moi preto de alí atopamos un muíño de auga, un castro e outros elementos etnográficos e culturais presentes na zona. Ascendendo novamente chegamos ao Alto do Canaval en Pracines e, tras percorrer os 8km, remata esta variante uníndose co treito principal, preto do Parque Forestal do Cepudo.

Turismo de Vigo - Plaza do Rei nº 1 - Vigo   - (+34)986810100 - Mapa web