Vigo conta con multitude de sendeiros urbanos nos que se pode practicar sendeirismo ou dar un tranquilo paseo a pé ou en bicicleta sen saír da cidade.
Estes sendeiros son unha magnífica escusa para desconectar do balbordo e o tráfico diario e achegarse á natureza descubrindo outra cara de Vigo.
Son sendeiros curtos, dun máximo de 6km, cun trazado fácil sen grandes subidas ou baixadas e cunha boa pavimentación que os fan aptos para todo tipo de camiñantes. Pódese acceder a eles en transporte público. Contan ademais con numerosos servizos para facer máis agradable o paseo. Hainos tamén para todos os gustos: desde paseos marítimos, como os de Samil ou Bouzas, a outros máis urbanos coma o das Avenidas.