Un mar de sabores

Gourmet e amante do bo viño? Cocinillas de padal inquieto? Se es dos que consideran que comer ben é un dos maiores paceres da vida, se gozas cociñando e probando novos sabores, descubrindo receitas e restaurantes, degustando cada recuncho de España... Vigo é o teu destino.

Cos mellores produtos das Rías Baixas, en Vigo poderás vivir 10 experiencias gastronómicas únicas e ser un máis nas súas festas gastronómicas; probar as súas míticas ostras, coñecer o receitario típico da maior cidade de Galicia e descubrir os seus incribles mercados, o seu porto e a súa lonxa.

Non o penses máis: somérxete nun dos mellores destinos gastronómicos de Galicia. Reserva uns días e coñece Vigo á túa medida, co teu grupo de amigos, a túa parella, a familia ou ao teu aire...

Porque Vigo ten mil caras e unha delas está pensada para ti.