NADAL BUS

Apetéceche un tour panorámico polas rúas máis iluminadas de Vigo? Se viaxas con nenos, dispós de pouco tempo ou, simplemente, non te apeteceapetéceche camiñar, o Nadal Bus é unha excelente elección para percorrer comodamente a iluminación do Nadal.

Punto de inicio: Avenida García Barbón, 7  (Percorrido circular).

Horarios:

De domingo a xoves ás 18:30, 19:30 e 20:30h.
Venres, sábados e véspera de festivo ás 18:30, 19:30, 21:30 e 22:30h.

Percorrido: García Barbón, Colón, Urzáiz, Gran Vía, Praza de España, Praza de América (volta á praza), Camelias, Venezuela, Gran Vía, Urzáiz, República Arxentina, García Barbón.

Duración 40 minutos.

Prezo 7€ prezo ordinario, 5 co cartón PassVigo . De 0 a 3 anos, gratis (sen ocupar asento)

As entradas están xa á venda a través da plataforma Woutick!

Información importante:

- Os viaxeiros deberán estar na parada 15 minutos antes da saída do bus.
- Acceso por orde de chegada, tendo prioridade os viaxeiros con billete anticipado online.
- As persoas con desconto, deberán portar o cartón PassVigo durante a viaxe.
- O uso da máscara é obrigatorio durante toda a viaxe.