Tomar as ostras

Se hai unha experiencia gastronómica imprescindible en Vigo é unha visita á rúa das ostras. A rúa Peixaría é un dos puntos de maior interese turístico do Vigo urbano, xa que ofrece un espectáculo único: en plena rúa, as ostreiras abren as míticas ostras da ría de Vigo e preparan, sen descanso, pratos e máis pratos deste delicioso manxar. A tradición é sinxela: os moluscos cómpranse directamente ás ostreiras e degústanse ao natural, cun pouquiño de limón e un bo albariño, un dos máis aclamados viños brancos do sur de Galicia. Que aproveite!

Turismo de Vigo
10 experiencias gastronómicas imprescindibles