Página 40 - Mar de Vigo

Versión de HTML Básico

O mellor chega
ao mediodía
O mar é o grande provedor da despensa viguesa. A súa gastronomía
é primordialmente mariñeira, abastecida con peixes de todo
tipo, sempre fresquísimos, e con mariscos que adquiren un sabor
inigualable por mor das peculiaridades de temperatura e plancto
das rías galegas.
Non podemos esquecer que Galicia é produtora das mellores
carnes, posuidora da indicación xeográfica protexida Ternera
Gallega, e que as pequenas hortas, de produción case artesanal,
subministran o resto dos ingredientes. Con todo isto, a gastronomía
galega ofrece unha amplísimo abano de especialidades. En inverno,
os pratos por excelencia son o cocido galego, o caldo e o lacón
con grelos. En verán, manda o peixe, con elaboracións sinxelas, sen
exceso de condimentos, que permiten recoñecer decontado a
calidade das materias primas empregadas.
En materia de restaurantes, Vigo é tan cosmopolita como o resto
das súas actividades. Podemos encontrar todo tipo de cociñas,
desde a rexional ata a máis internacional. E todo tipo de opcións:
desde o contexto máis formal dun bo restaurante ata a pequena
taberna mariñeira preto do porto ou as casas de comidas do rural.
40