Página 42 - Mar de Vigo

Versión de HTML Básico

Vigo
é cultura
A cidade fixo da arte un dos seus sinais de identidade. Todos os
barrios de Vigo contan con esculturas nas súas rúas:
O sereo
, de
Francisco Leiro, ou as súas esculturas de nadadores na zona marítima.
Os cabalos
, de Juan Oliveira, na Praza de España.
A porta do
Atlántico
, de Silverio Rivas, na Praza de América.
O monumento
ao traballo
, de Ramón Conde, no comezo da Gran Vía. Son algunhas
das pezas monumentais que comparten cidade con outras de
artistas como Asorey, Querol, Benllure, Steinbruggen ou Nogueira.
Se para coñecer a fondo unha cidade debemos coñecer a súa
cultura, velaquí os lugares que debemos de ter presentes:
42