Un mar de noites

Divertido e bailón? Alma nocturna e eternamente novo? Se es desas persoas que viven cada noite ata que sae o sol, dos que non poden vivir sen música e bailan ata caer rendidos, enchendo os bares de risas, bos amigos e festas co mellor ambiente... Vigo é o teu destino.

Capital do ocio nocturno de Galicia, nas noites de Vigo atoparás mil escusas e plans especiais para prolongar cada momento ata o amencer: viños no barrio histórico, rock e indie en Churruca ou pásate directamente pola zona do Areal, a bailar os éxitos de moda.

Organiza unha escapada coas túas amizades ou a túa parella á cidade coas mellores noites de Galicia e agasállate intres inesquecibles. Elixe as túas datas e vive Vigo á túa medida.

Porque Vigo ten mil caras e unha delas está pensada para ti.