Vigo Centro

Descubre o núcleo histórico da cidade

O centro de Vigo é o núcleo histórico da cidade, o que a define e lle dá ese carácter urbano e cosmopolita sen renunciar á súa esencia tradicional. Este Vigo Histórico é o soño dun visionario: cidade rectilínea que se fixo realidade entre as fronteiras do Ensanche. E tamén o núcleo dunha cidade vella, o barrio histórico, onde aínda se adiviña o trazado das murallas.

Na milla de ouro da arte están os museos, fundacións e galerías máis representativas do sur de Galicia, como o Centro Cultural e o Centro Social Afundación, o MARCO, a Fundación Barrié ou a Casa das Artes, que conviven co son do porto de Vigo e co bulicio das rúas comerciais por excelencia.

Preparado para descubrir as zonas máis características do centro de Vigo?

Pistas e recomendacións: 

O centro de Vigo é tan amplo que poderás organizar itinerarios de varios días durante a túa escapada ao sur de Galicia. Consulta rutas para facer ao teu aire na sección Paseos por Vigo ou, se prefires, elixe unha visita guiada.