Alugueiro de embarcacións

Alugar un barco en Vigo para as túas vacacións é sen dúbida un plan irresistible. Apetéceche descubrir a ría de Vigo en veleiro? Pois teñas ou non título de patrón, podes facelo! É máis, debes! Porque estás nunha das baías máis fermosas do mundo, berce de lendas de piratas e tesouros e só a bordo dun barco poderás pasar baixo a impresionante Ponte de Rande, visitar as Illas Cíes ou ver de preto unha batea.

Hai varias empresas que se dedican a alugar barcos en Vigo, e a maioría ofrece aluguer de embarcacións con e sen patrón, e tamén lanchas nas que non precisas título para pilotar… Así que non tes escusa para deixar de navegar por unha das rías máis fermosas do mundo.