Aventura en Vigo

Vive o Vigo máis extremo

Queres saber que deportes de aventura podes facer en Vigo? Vive as experiencias máis trepidantes e os retos deportivos máis intensos no contorno natural da nosa cidade.

Un paseo en globo sobrevoando a ría, practica rafting, barranquismo, escalada… No monte do Galiñeiro poderás practicar tanto escalada clásica como bulder, e se viñeches con nenos, no pavillón das Travesas hai un rocódromo.

Incluso podes gozar dun bo combate de paintball en Vigo, sen saír da cidade: ti elixes indoor ou outdoor

Consulta as empresas que che ofrecen deportes de aventura en Vigo.

Amosar como listado