Vigo de Negocios

Coñece o Vigo máis dinámico e emprendedor

Vigo é unha cidade de negocios: un porto internacional, boas comunicacións e servizos… Vigo destaca pola alta produtividade das súas empresas, líderes en numerosos sectores, e pola súa capacidade exportadora, superior á media española e que representa o 29% do volume de exportación total de Galicia.

Clústeres industriais, centros de I+D+i, universidade propia e unha potente actividade comercial… Vigo é un polo industrial sen parangón no noroeste de España: aquí celébranse algunhas das feiras e exposicións máis importantes do país. En Vigo, poderás gozar dunha viaxe de negocios sen renunciar ao ocio e a comodidade, grazas á súa ampla oferta de aloxamentos para congresos e restaurantes para grupos.

Se o teu sector de negocios é o turismo, consulta a nosa sección Vigo para profesionais do turismo, onde coñecerás o potencial de Vigo como destino turístico e descubrirás unha cidade ideal para acoller eventos profesionais: reunións, congresos, convencións e viaxes de incentivo.

E se queres organizar un congreso en Vigo ou unha viaxe de empresa á maior cidade de Galicia contacta con Vigo Convention Bureau.