Santa Baia

Romaría xunto á praia en Santa Baia

As festas de Santa Baia son unha festa imprescindible do verán de Vigo. Seguro que che custará decidir a que festa popular achegarte… porque temos decenas! Pero unhas das máis animadas son as que se celebran en Alcabre en xullo, normalmente na segunda fin de semana do mes, en honor a Santa Eulalia e a Santo Antón, aínda que popularmente se coñecen como as Festas de Santa Baia.

O seu maior reclamo é que, aínda que estás moi preto do centro de Vigo, vivirás unha auténtica festa popular galega, coas súas atraccións e  as súas orquestras, con ese sabor popular tan típico dos barrios da cidade.

Pistas e recomendacións: 

Alcabre é unha parroquia costeira con algunha das mellores praias de Vigo, na que podes combinar un día de praia e turismo cunha noite inesquecible: empeza ceando os ricos produtos da ría de Vigo e termina bailando na verbena. Está pegada a Bouzas, outro dos barrios emblemáticos da cidade, polo que poderás ruar a gusto se che gustan as vilas mariñeiras.