Turismo mariñeiro

Unha ollada á historia mariñeira de Vigo

Vigo é un destino imprescindible nas rutas de turismo mariñeiro de España. A relación de Vigo co mar é tan profunda que se pode dicir que a cidade non existiría sen el: porque foi o mar o que propiciou que os primeiros moradores da cidade se instalaran nela, e foi o mar o que levou aos romanos a dotar a Vicus (en latín, lugar) dunha florecente industria: visita a Vila Romana de Toralla e Salinae, dous interesantes centros arqueolóxicos nos que descubrirás os vestixios da historia mariñeira de Vigo.

No entanto, será na Idade Media cando a pesca en Vigo se converta nun dos principais medios de vida.

Durante o reinado de Filipe II, Vigo xa era o porto pesqueiro máis importante do norte de España. Tras a invasión napoleónica gañou o rango de cidade por ser a primeira localidade española en levantarse contra os franceses (por iso se celebra a festa da Reconquista). Isto supuxo o despegue definitivo do porto de Vigo, hoxe líder de Europa en pesca fresca. Os mariñeiros de Vigo saen aos mares máis afastados, onde pasan meses faenando nos maiores buques arrastreiros de España.

Pero non só temos pesca de altura: a ría de Vigo ten unha das flotas de baixura máis importantes de Galicia, e a poxa na lonxa de Vigo, de madrugada, é un abraiante espectáculo.