Barrio Histórico

O corazón de Vigo

Vigo respira desde o seu Barrio Histórico, a súa carismática zona vella: unha pequena aldea no medio dunha cidade industrial e buliciosa. Un proceso de rehabilitación, que aínda está en marcha, permitiu devolver gradualmente a vida veciñal a este belísimo barrio de camiños e rúas que serpean cara ao mar. Hoxe, novos comercios e establecementos abren en rúas como Palma, Oliva ou a rúa Real, que une O Berbés coa Colexiata, como se coñece a Concatedral de Vigo, a Igrexa de Santa María.

Desde a impresionante e sempre animada Praza da Constitución —en cuxos soportais se vendía de todo fai dous séculos—, ata a ribeira do Berbés ou a Rúa da Peixaría, onde probar as famosas ostras, o barrio, popularmente coñecido como Casco Vello, merece máis dun paseo.

Ademais, estás nunha das mellores zonas gastronómicas da cidade: na zona vella de Vigo podes ir de viños e de tapas, ou sentar a cear nalgúns dos restaurantes históricos da cidade, saboreando o mellor pescado e marisco de España.

Pistas e recomendacións: 

Organiza unha escapada a Vigo na última fin de semana de marzo para celebrar a festa máis emblemática de Vigo no Casco Vello: a Reconquista.

Turismo de Vigo
Turismo de Vigo