Vigo nun día

Todo o que a cidade ofrece en 24 horas

Esta escapada a Vigo nun día permitirache gozar da cidade e achegarte á súa historia, arquitectura, a súas paisaxes, o seu comercio e a súa gastronomía. Trátase dunha variada ruta dun día na que gozarás da esencia do Vigo urbano.

Se vas pasar só un día en Vigo, comeza a xornada tomando un café nalgunha das terrazas da rúa do Príncipe. Alí podes aproveitar para facer unha parada no Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), ou ir de compras polos variados establecementos comerciais de Vigo que se dan cita nesta emblemática rúa.

Ademais, estarás a un paso da milla de ouro cultural de Vigo, un bloque no que están a maior parte de fundacións e centros culturais de Vigo. Nun día non poderás velos todos, pero algunha das súas exposicións máis interesantes.

Cansado de compras e museos? Segue Policarpo Sanz ata o final, e entra no barrio histórico de Vigo. Entra pola fermosa Praza da Constitución para tomar o aperitivo. Logo, para comer, ou ben elixe un dos restaurantes típicos de Vigo que hai na zona ou baixa ata a mítica Rúa das Ostras de Vigo: Alí poderás degustar un dos manxares máis prezados do sur de Galicia.

Se estás en Vigo coa túa familia, o plan da tarde pode ser un tour no bus turístico de Vigo, co que descubriredes algúns dos recunchos máis belos da cidade. Se estás con amigos ou coa túa parella, camiña desde o barrio histórico ao Monte do Castro e goza dunha das mellores postas de sol de Galicia, con impresionantes vistas á Ría de Vigo

Remata o día baixando cara ao mar, ao contorno da Alameda e Montero Ríos, unha rúa peonil e señorial en pleno Ensanche, con algunhas das mellores terrazas do centro de Vigo, onde poderás despedirte da nosa cidade ao grande.

Pistas e recomendacións: 

Terás toda a programación dos museos de Vigo, chamando, unha vez esteas en Vigo, ao número gratuíto de información local 010.

As ostreiras da Pedra están todas as mañás.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo
Turismo de Vigo
Turismo de Vigo
Turismo de Vigo