Portos deportivos

Vigo conta con varios portos deportivos repartidos ao longo do seu litoral, desde o máis céntrico e antigo: o Real Club Náutico de Vigo, situado xusto no corazón da cidade, aos da zona sur, situados na dársena de Bouzas.

Todos os portos deportivos de Vigo están perfectamente equipados con servizos e instalacións de última xeración, deseñados especialmente para atender as necesidades do navegante en tránsito pola ría de Vigo: vestiarios, cafetaría, servizo de mariñeiría 24 horas, talleres de reparacións… e incluso piscinas climatizadas, terrazas e gardería.

En total, entre os 4 principais portos deportivos de Vigo, a cidade ofrece ao navegante preto dun millar de amarres e varias zonas con cadeas de fondeo. Seguros e vixiados, todos están situados en lugares onde se combina a vida náutica coa natureza e o ambiente sempre animado da cidade e as súas vilas mariñeiras. Xa elixiches o teu?