Moverse pola ría

Cruza a ría no “autobús do mar”

Lembras as viaxes en navieira pola ría de Vigo de Los lunes al sol? Pois ese traxecto que se ve na película, cruzando dun lado a outro da ría de Vigo, segue sendo máis que habitual. Grazas a estes barcos de liña regular non é necesario ter un iate ou vir en cruceiro a Vigo para gozar do encanto da ría. O transporte de ría é un servizo histórico: xa no século XVIII ditábanse ordes para controlar o tráfico regular de ría.

Cada quince minutos hai un barco que te levará ao outro lado da ría de Vigo: ás vilas mariñeiras do Morrazo, como Moaña ou Cangas, en entretidas travesías de 15 ou 20 minutos.

En verán e Semana Santa, hai tamén traxectos en barco ás Illas Cíes: desde mediados de xuño a mediados de setembro, con rutas diarias.