Vigo en dous días

Escapada ás praias e a montaña

Se só vas a estar unha fin de semana en Vigo, propoñémosche esta escapada a Vigo en 2 días coa que poderás coñecer os nosos recunchos máis esenciais e emblemáticos.

O primeiro día en Vigo pode comezar cun agradable paseo polo centro da cidade como o proposto na ruta por Vigo en 60 minutos. O paseo levaranos desde a comercial rúa Príncipe ata o barrio histórico, un percorrido pola arquitectura e a historia que nos deixará na parte baixa da cidade. Alí, a mediodía encontraremos desde as tradicionais ostreiras ata numerosos locais de hostalaría nos que probar a gastronomía local.

Pola tarde, unha boa opción para coñecer Vigo en dous días de forma relaxada é o autobús turístico, para ir contemplando a cidade mentres nos achegamos ata a praia de Samil, un lugar agradable tanto para pasear en inverno como para gozar del sol en verán. Aproveita para ver as incribles postas de sol sobre a ría. Ou se prefires, podes regresar ao centro para ver o atardecer  desde o miradoiro da Oliveira de Vigo, no Paseo de Afonso

Se a primeira xornada da visita se empregou en coñecer a metade oeste da cidade e as súas praias, o segundo día en Vigo pódese empregar na metade este. A mañá pode comezar cun percorrido polo paseo das Avenidas, xunto ao porto deportivo, pola zona do primeiro ensanche da cidade no que hai multitude de exemplos da arquitectura señorial de Vigo. En paralelo, xunto ao parque da Alameda e ao longo da rúa Rosalía de Castro, atoparemos excelentes locais nos que facer unha parada gastronómica.

Unha boa visita vespertina podería ser ascender ao monte da Guía ata a ermida do seu cumio e contemplar toda a ría de Vigo: desde o fondo da enseada de San Simón e a ponte de Rande ata as Illas Cíes. E se vés en verán ou en Semana Santa, incluso poderás viaxar en barco ata as Cíes, desde a Estación Marítima de Ría.

Pistas e recomendacións: 

Os parques forestais son perfectos para unha fin de semana en Vigo en familia: atoparás grellas e mesas á túa disposición para un divertido pícnic. Consulta cal é o parque forestal de Vigo máis próximo á zona onde te aloxas.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo
Turismo de Vigo
Turismo de Vigo
Turismo de Vigo