Feiras profesionais

Os encontros sectoriais de Vigo máis relevantes.

As feiras e exposicións máis importantes de Vigo están relacionadas cos principais sectores do Vigo Industrial: desde o naval e a pesca á industria do conxelado ou a automoción.

Vigo é unha das cidades de España con maior número de feiras catalogadas oficialmente como de carácter internacional, o que lles outorga beneficios económicos e aduaneiros.Descubre cal é o evento profesional que se celebra en Vigo durante a túa estancia.

Pistas e recomendacións: 

Consulta o calendario do Instituto Feiral de Vigo para saber que feiras se celebran este ano.

Para congresos e eventos profesionais en Vigo, consulta o calendario do Palacio de Congresos Auditorio Mar de Vigo.