Salón do Automóbil

Todo o mundo do motor en Vigo

Desde 1992, Vigo dedica 2 semanas ao ano a aproveitar o potencial de atracción do seu clúster do automóbil, liderado pola planta de PSA Peugeot Citroën en Vigo. O Salón do Automóbil ocupa todo o espazo do Instituto Feiral de Vigo e é o máis importante do sector no noroeste de España: propostas e novidades das marcas, ofertas en vehículos seminovos e km 0… Ademais da exhibición feiral, hai concentracións de coches espectaculares.

Pistas e recomendacións: 

Se che gustan os coches personalizados, Vigo é a túa cidade: aquí celébrase unha das citas de tunning máis relevantes de España, Galiexpo Motor Tunning, e o propio Salón do Automóbil dedica un espazo aos coches tuneados.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo
Turismo de Vigo

Información práctica