10 experiencias gastronómicas imprescindibles

Turismo de Vigo
1.

Tomar as ostras

Se hai unha experiencia gastronómica imprescindible en Vigo é unha visita á rúa das ostras. A rúa Peixaría é un dos puntos de maior interese turístico do Vigo urbano, xa que ofrece un espectáculo único: en plena rúa, as ostreiras abren as míticas ostras da ría de Vigo e preparan, sen descanso, pratos e máis pratos deste delicioso manxar. A tradición é sinxela: os moluscos cómpranse directamente ás ostreiras e degústanse ao natural, cun pouquiño de limón e un bo albariño, un dos máis aclamados viños brancos do sur de Galicia. Que aproveite!

Turismo de Vigo
Turismo de Vigo
2.

Unha mariscada

Algo imprescindible en Vigo? Unha mariscada. Preguntes a quen preguntes, a resposta é ineludible: os visitantes máis asiduos xa saben que gozar dunha mariscada é algo que non te podes perder en Vigo. A mariscada auténtica consiste nunha gran bandexa de marisco da ría de Vigo, variado e moi difícil de encontrar noutras rexións de España. Sempre debe conter centola da ría, nécora, gamba ou lagostino, e pode levar mexillóns, percebes e camaróns, pero encontrarás infinitas combinacións nas mariscarías de Vigo.

Turismo de Vigo
Turismo de Vigo
3.

Tapa de "peixiños" fritos

Un prato imprescindible en Vigo para amantes do pescado é, sen dúbida, a humilde fritada de peixe (en galego peixe  ou peixiños fritos): un auténtico pracer gourmet. A variedade do peixe pequeno da ría que encontrarás na lonxa e mercados de Vigo converten esta receita sinxela nun manxar, frito en aceite de oliva e co seu exacto punto de sal. Os Chinchos (xureliños) e as xoubas (sardiñas pequenas), frescos do día, son as especies máis utilizadas, sobre todo nos meses de verán, acompañadas dos deliciosos pementos de Padrón. 

Turismo de Vigo
Turismo de Vigo
4.

polbo “á feira“

Xa te atreviches coa nosa receita do polbo “á feira”? Seguro que estaba boísimo… Imaxínate, pois, a experiencia imprescindible de tomar polbo en Vigo nunha romaría ou festa tradicional, ou nun posto na rúa. As polbeiras (ou polbeiros) elixen a mellor materia prima, cocen o polbo nas súas olas de cobre tradicionais e o serven quente no seu prato de típico de madeira, con sal, pemento moído e aceite de oliva... Unha receita milenaria que non sabe igual en ningunha outra rexión do mundo.

Turismo de Vigo
Turismo de Vigo
5.

Ir a un "furancho"

Se vés a Vigo en temporada de furanchos, esa visita é imprescindible. Non deixes de ir a un furancho en Vigo a probar o viño novo do ano. Os propietarios adoitan acompañalo de fabulosas tapas caseiras, as máis tradicionais de produtos de matanza e tamén empanadas. Nos barrios de Vigo hai varios furanchos, onde te sentirás como nunha auténtica taberna rural galega, de ambiente familiar e distendido, pola que non pasa o tempo.

Turismo de Vigo
Turismo de Vigo
6.

Unha cea de Estrela Michelin

En Vigo non só encontrarás plans gastronómicos tradicionais. Tamén podes encontrar restaurantes de éxito con elaboracións vangardistas e reinterpretacións de pratos tradicionais, cos máximos estándares de calidade no produto, a elaboración e o servizo. Un deles é o restaurante Maruja Limón, rexentado polo chef Rafael Centeno. Un establecemento galardoado coa famosa estrela Michelin no que podes gozar dun menú degustación para padales exquisitos a un prezo que te sorprenderá. Imprescindible!

Turismo de Vigo
Turismo de Vigo
7.

O ritual do aperitivo

O aperitivo é outro deses momentos gastronómicos imprescindibles en Vigo: un ritual polo que temos devoción, especialmente os sábados e domingos pola mañá, en que antes da hora de comer baixamos a dar o paseo, encontrarnos cos veciños e amigos e ler o periódico en compañía dunha caña, un viño ou un refresco cunhas olivas… ou quizais un pincho máis elaborado. Nun día soleado hai que deterse a gozar do momento e abrir boca en calquera dos recunchos da cidade.

Turismo de Vigo
Turismo de Vigo
8.

Comprar peixe na praza de abastos

As prazas ou mercados de abastos de Vigo son pura experiencia gastronómica. Se gozas cociñando, encontrarás os produtos máis frescos e da terra. Pero son os peixes os que chamarán a túa atención pola súa frescura, variedade e calidade. Non en van estás nun dos portos pesqueiros máis importantes do mundo. Deixa ás peixeiras que te aconsellen na túa elección e o preparen para cociñalo comodamente: son auténticas expertas.

Turismo de Vigo
Turismo de Vigo
9.

Facer un “churrasco”

Vés a Vigo con amigos ou con nenos? Unha opción divertida para pasar o día ao aire libre é cociñar na grela un auténtico churrasco galego. Hai instalacións públicas dispoñibles en todos os parques forestais de Vigo, onde ademais de gozar da natureza degustarás a carne galega co inigualable sabor da leña, un costume do máis vigués. E se non te atreves coa grella, sempre podes visitar un dos fabulosos asadores que encontrarás para comer en Vigo.

Turismo de Vigo
Turismo de Vigo
10.

Ir a un "magosto"

Ir a un magosto é unha experiencia gastronómica imprescindible en Vigo durante o outono. É a fin da colleita e das castañas. Antigamente os veciños reuníanse para os traballos de conservación dos alimentos para o inverno, e hoxe un magosto é unha ocasión para reunirse de novo en torno ao lume, escoitar cancións tradicionais e degustar estes deliciosos froitos, que noutro tempo foron esenciais para a alimentación en Galicia. Hoxe expórtanse a todas partes do mundo, preparados como doces, en conserva ou en fariña. Pero a experiencia dun magosto popular en Vigo é incomparable.

Turismo de Vigo