San Roque

A romaría urbana máis tradicional de Vigo

Na festa de San Roque, cada 16 de agosto, o santo milagreiro converte o barrio que rodea o pazo de San Roque (onde se garda a súa figura) na maior romaría urbana de Vigo. A celebración mantén todos os costumes das festas campestres tradicionais.

Cada ano, son miles os fieis que se dan cita nos arredores da Praza de España, no barrio de San Roque, para manter viva a maior romaría de Vigo. Os exvotos son o máis típico desta celebración: o costume manda comprar a reprodución en cera da parte do corpo enferma e pedir a San Roque que a cure. Os fieis aseguran que o ‘santo milagreiro’ é capaz de sandalo todo.

Pistas e recomendacións: 

A Finca de San Roque acolle as celebracións relixiosas do día do santo; é un impresionante pazo ameado rodeado por un fermoso parque que pode visitarse todo o ano. O pazo é privado, pero o seu fermoso exterior merece unha visita.

Se a túa estancia en Vigo coincide co 16 de agosto, non dubides en achegarte á romaría e comer polbo ou sardiñas asadas nalgunha das longas mesas instaladas para a ocasión.