Profesionais do Turismo

Vigo é un dos novos destinos turísticos de España: unha cidade que soubo abrirse oco nas rutas imprescindibles de viaxeiros de todo o mundo, perfecta para os que buscan un destino distinto en España, unha viaxe ao norte con todo o necesario para gozar da natureza sen renunciar á cómoda e buliciosa vida da cidade.

Se es un profesional do turismo, xestionas unha axencia de viaxes ou formas parte dun tour operador en busca de novos destinos turísticos en España que ofrecer aos teus clientes, convidámoste a descubrir Vigo, a maior cidade de Galicia.

Infraestruturas hoteleiras e hostaleiras  de primeiro nivel, excelentes comunicacións por terra, mar e aire, museos, galerías de arte, gastronomía, locais de concertos e grandes espectáculos, centros de eventos e congresos, asociacións sectoriais e institucións públicas entregadas ao apoio aos novos proxectos. Todo iso ofrece Vigo ao profesional do turismo que desexe traballar coa urbe máis puxante e moderna de Galicia: descubre os recursos turísticos que Vigo pon á túa disposición.

Vigo, toda unha cidade ao teu servizo.