Golf

Non hai hándicap para gozar do golf en Vigo

Xogar ao golf en Vigo é algo realmente único: probar o teu mellor swing fronte ao mar é un luxo que te podes permitir en poucos sitios, pero en Vigo é posible. Na área metropolitana tes 3 campos de golf onde practicar só ou con amigos,  como o Real Aeroclub de Vigo, o máis próximo ao centro da cidade.

Ao outro lado da ría, a 15 minutos do centro e con fermosas vistas, está tamén o Club de Golf Ría de Vigo, e existe outro campo na localidade de  Mondariz.

Amosar como listado
Pistas e recomendacións: 

Escollas o campo de golf que escollas, non esqueza facer primeiro a túa reserva: os clubs de golf de Vigo reciben a visitantes de toda España e Galicia, polo que é recomendable asegurarte un  sitio antes de desprazarte.