En barco

Chegar en barco a Vigo é unha experiencia única, polo que, se che gusta navegar, non a desaproveites! Vigo ten catro portos deportivos onde poderás atracar, asucar a ría de Vigo e dedicar o día a facer turismo. Todos están situados preto dalgúns dos mellores hoteis da cidade, por se algunha noite non che apetece durmir no barco.                    

Non te sorprendas se cando baixes a terra te ves rodeado de centos de turistas: o peirao de cruceiros do porto de Vigo recibe cada ano a miles de cruceiristas chegados nos máis de 100 grandes transatlánticos que recalan na cidade. O MSC Meraviglia, o Harmony of the Seas ou o Queen Elisabeth son algúns dos cruceiros que teñen Vigo incluída nas súas escalas.

E se non viñeches en barco pero non queres marchar sen navegar pola espectacular Ría de Vigo, na sección Moverse pola Ría de Vigo contámosche todo o que precisas saber sobre rutas, aluguer de barcos e transporte de liña regular.

Información práctica