Reconquista de Vigo

Recrea a Reconquista de Vigo

O barrio histórico volve ao século XIX unha fin de semana cada ano: é a festa da Reconquista, a celebración máis emblemática de Vigo.

O 28 de marzo de 1809, un alzamento popular logrou expulsar aos franceses e converteu a Vigo na primeira localidade de Europa que logrou expulsar ao exército de Napoléon dunha praza conquistada. Tivo a súa recompensa: un ano despois, Fernando VII otorgou a Vigo o título de cidade “fiel, leal e valorosa”.

Agora, cada ano, Vigo celebra a súa Reconquista: a súa zona histórica convértese nun inmenso mercado do século XIX ao aire libre, no que en calquera esquina te encontras loitando aos franceses contra os vigueses. Xente caracterizada de soldados, pescadores e campesiños, as rúas engalanadas de época… É como unha viaxe ao pasado.

Os mercadores locais venderanche riquísimos manxares, desde nécoras e mexillóns a empanadas, churrasco,acompañados de viños da terra e licores tradicionais. Esta gran festa de época de Vigo continúa ata ben avanzada a noite, cun ambiente na rúa inmellorable.

E se tras a Reconquista aínda quedas con ganas de festa en Vigo, a seguinte fin de semana Bouzas celebra a Brincadeira, que rememora a expulsión dos franceses da antiga vila mariñeira.

Pistas e recomendacións: 

A Reconquista, declarada de Interese Turístico Nacional,  é a festa máis importante de Vigo, a máis querida polos vigueses e unha ocasión única de programar unha escapada a Vigo en primavera. Este ano celébrase do 25 de marzo ao 2 de abril de 2023 e o máis espectacular son as representacións teatrais na rúa, que recrean as escaramuzas entre franceses e vigueses. O momento álxido: o episodio na rúa Gamboa, en que se simula a derruba da porta da vila.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo
Turismo de Vigo