DESCOBRE AS PRAIAS DE VIGO

Turismo de Vigo

Aínda non coñeces as praias de Vigo? Son un dos maiores atractivos da cidade. As praias da ría de Vigo sorprenderante: nada que ver con outros areais urbanos pouco atractivos, incómodos ou abarrotados. A 10 minutos do pleno centro de Vigo, as praias son de area branca e fina, augas transparentes e para todos os gustos: praias familiares, calas salvaxes, areais con ondas para practicar deportes acuáticos e tamén praias nudistas. En 2022, 11 praias de Vigo foron distinguidas coa bandeira azul pola calidade das súas augas, a información e educación ambiental, a xestión ambiental e seguridade, servizos e instalacións: O Vao, SamilArgazadaRodas (Islas Cíes)A Punta ( Teis )Tombo do Gato,Os Muiños de FortiñónCanido,  Santa Baia, Fontaiña, Carril e O Adro, no barrio mariñeiro de Bouzas.

Hai praias en Vigo que podes percorrer unha tras outra pola liña da costa: por exemplo, desde a praia do Adro en Bouzas ata o final do longo areal de Samil: quilómetros de senda litoral para facer camiñando a carón do mar.

Presentámosche unha selección variada das praias de Vigo. Podes coñecelas todas a través da web do Concello de Vigo.

Descubre ademais as fabulosas e salvaxes praias de Cíes, no Parque Nacional das Illas Atlánticas.