Parques de Vigo

Respira natureza en pleno centro urbano

Buscas parques para pasear en Vigo? Benvido a unha das cidades máis verdes de España. Aquí non só atoparás incribles praias, senón decenas de parques e xardíns urbanos: cunha media de 4,5 m² de espazo verde por habitante, Vigo ofrece parques para todos. Esteas onde esteas, atoparás un parque no que descansar dunha tarde de compras, coas súas áreas infantís, as súas zonas deportivas, ou con románticos recunchos para un relaxante paseo en parella.