A luminosa mañá do 1 de xullo de 2002 toda a ría de Vigo resplandecía en torno ás Illas Cíes, como calquera outro día de verán.
Pero era un día moi especial: iniciaban todas as illas de Galicia unha singradura de esperanza no futuro, coa entrada en vigor da Lei pola que se crea o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Culminábase así un longo proceso, ideado para preservar as illas con mimo,...