Vila Romana de Toralla

Visita a vila romana na finca Mirambell

Á Vila Romana de Toralla ségueselle chamando Finca Mirambell, porque o terreo era propiedade desta familia que, de feito, foi a que achou os primeiros restos deste xacemento arqueolóxico en Vigo, nos anos 20 do século pasado.

A principal particularidade deste xacemento, que data dos séculos IV e V despois de Cristo, é que é a única vila romana de Galicia que está escavada integramente e pode ser visitada.

Hai dous tipos de recorrido, un visual exterior, con paneis informativos sobre o emprazamento, e outro entre os restos da vila. Así, pódense apreciar as diferentes estancias da casa, as salinas e un complexo sistema termal que denota a elevada posición social dos seus moradores.

Visitas guiadas:

Tlf. : 010 / 986 810 260 

Pistas e recomendacións: 

A Vila Romana de Toralla está no barrio de Oia, xunto á praia do Vao. Se decidiches pasar o día na praia en familia, podes achegarte a ver o xacemento e quizais sentarte a comer nalgún dos agradables restaurantes de Canido.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo
Turismo de Vigo

Información práctica

  • C/ de Canido - Barrio Illa de Toralla - Car. PO 324
  • Teléfono: 
    010 / 986 810 260
Horarios: 

De outobro a xuño:

Mércores e xoves: de 11:00 a 13:00h

Domingos: de 11:30 a 13:30h

De xullo a setembro:

Xoves e venres: de 17:00 a 19:00h

Sábados e domingos: de 11:30 a 13:30h.

Reseva previa