VIGO AGÁRDATE NO OUTONO

Turismo de Vigo

Sen plans para viaxar nesta época? Fai as maletas e ven a Vigo. 

Chegou o outono, e con el, un dos mellores momentos do ano para gozar dos parques e bosques de Vigo. A luz é máis tenue e as follas das árbores caen deixando unha fermosa alfombra multicolor irresistible para os amantes da fotografía.

E si o teu é o deporte, o cinto de parques forestais que rodean a cidade, fana ideal para saír a facer sendeirismo ou unha ruta en bicicleta. Quedaraste asombrado coas vistas da ría de Vigo desde os puntos máis altos dos nosos montes. Neles atoparás fontes, ríos, embalses, observatorio de aves... Non esquezas levar unha cesta nos teus paseos, porque poderás enchela con dous dos produtos estrela do outono: as setas e as castañas.

Falando de castañas... ¿Fuches algunha vez a un magosto? Non podes irte de Galicia sen reunirte coa túa familia e/ou amig@s en torno a un lume mentres degustas estes deliciosos froitos asados. Recorda facer un brinde cunha copa de viño D.O. Rías Baixas ou cun chupito dalgún dos nosos licores tradicionais.

 
O outono de Vigo agárdate cargado de emocións, ¡non o perdas!