DÍA DAS LETRAS GALEGAS EN VIGO

Turismo de Vigo

O 17 de maio de 1863 a imprenta de Juan Compañel, sita no corazón do barrio histórico de Vigo, imprimía o manuscrito de “Cantares Gallegos“ obra de Rosalía de Castro. Este fermoso libro de poemas -que non te podes perder- escrito na lingua propia de Galicia, marca o inicio do “Rexurdimento“ para o galego escrito, tras oito séculos refuxiado na fala e alleado da escrita e do rexistro culto, aínda que fora lengua de reis e trobadores na idade media.


En honra e lembranza deste fito literario, cada 17 de maio, a proposta da Real Academia da Lingua Galega, Galicia homenaxea a aquela persoa que destaca pola súa aportación a nosa lingua, que hoxe é co-oficial co castelán. O promotor desa iniciativa foi un vigués de adopción: Francisco Fernández del Riego, escritor vencellado co grupo Galaxia, unha das industrias culturais de Vigo máis significativas de finais do século pasado.


Este ano 2024 o Día das Letras Galegas está adicado á escritora Luisa Villalta.


Elixe o teu libro e ¡ Feliz Día !

Etiquetas: