Actualidade

mércores, 13 Maio, 2015 - 20:41
Turismo de Vigo

A arte de tomar as ostras naceu en Vigo no barrio histórico. Non se sabe desde cando, pero xa eran famosas entre a tropa francesa durante a Reconquista! Na rúa da Pescadería ou das ostras desfrútase ao mediodía destes deliciosos bivalvos acompañados dun bo albariño, un ribeiro ou unha cana de cervexa. É todo un espectáculo o das ostreiras a abrir o seu fresquísimo produto con incrible habilidade e rapidez, moi celebrada pola multitude de clientes que apenas teñen que agardar mentres se despachan centos de ostras...

martes, 20 Xaneiro, 2015 - 14:33
Turismo de Vigo

Xusto fronte á entrada ao porto pesqueiro de Vigo está o Kiosco das Almas Perdidas, a taberna que acolleu no pasado século a artistas e bohemios que non durmían a noite e a traballadores que tanto madrugaban, que o amencer os atopaba tomando o café con gotas de despois de comer; café ou o “Sol e sombra”, combinado capaz de evaporar a peor molladura dun temporal atlántico; ou a desesperanza dunha nova reconversión naval das que encarnou Luís Tosar no cine.

O seu evocador nome e...

Páxinas